Pestanas principais

A unidade móbil de inspección técnica pasará revisión de ciclomotores en Bertamiráns o luns 1 de marzo

Martes, 23 de febreiro de 2021

A unidade móbil de inspección técnica desprazarase a Bertamiráns o vindeiro luns 1 de marzo. A unidade estará dispoñible para realizar inspección técnica de ciclomotores só en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas, na explanada do polideportivo de Bertamiráns. Aquelas persoas que desexen concertar cita poderano facer na páxina web sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.

Dende a entrada en vigor do Real Decreto 711/2006 todos os ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade están obrigados a realizar unha inspección técnica periódica. O obxectivo da unidade móbil é evitar que a cidadanía teña que desprazarse ata as estacións fixas de inspección técnica. Os e as usuarias deberán acudir, no momento da revisión, coa documentación do seu ciclomotor.

Na inspección de ciclomotores compróbanse os elementos que afectan á seguridade viaria, á protección do medio ambiente, ás inscricións regulamentarias e a reformas de importancia. Realízase unha medición do ruído producido polo ciclomotor, do alumeado, a sinalización, o sistema de freado, a dirección, a suspensión, os eixos, as rodas, os pneumáticos e, ademais, mídese o nivel de emisión de gases do tubo de escape.

Cada unha das unidades de inspección móbiles para ciclomotores están montadas nun pequeno camión cunha caixa cerrada, dotada de ramplas laterais para que accedan os ciclomotores e unha porta lateral dedicada á atención dos clientes. Cada camión conta cun sistema informático, dotado dos seguintes equipos: ordenadores, impresoras láser, e impresora de tícket. Tamén dispoñen de varios equipos de inspección como un regloscopio, un frenómetro de motos informatizado, un velocímetro de motos informatizado, un analizador de gases de escape, un sonómetro e un tacómetro igualmente informatizados.

O/as veciño/as de Ames poderán someter o seu ciclomotor á inspección técnica o vindeiro luns 1 de marzo. A unidade estará dispoñible só en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas, na explanada do polideportivo de Bertamiráns. Aquelas persoas que desexen concertar cita poderano facer na páxina web sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.

itv motocicletas