Pestanas principais

A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores, motos e quads estará en Bertamiráns o 26 de marzo de 2012

Martes, 14 de febreiro de 2012

[14-02-2012] O Concello de Ames comunica que a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase ata este municipio para realizar inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade, motos e quads de máis de catro anos de antigüidade. A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores, motos e quads estará diante do pavillón municipal de Bertamiráns o 26 de marzo, en horario de 15:30 h a 18:00 horas. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando sobre a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores, motos e quads.