Pestanas principais

A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores estará o xoves 23 de outubro en Bertamiráns

Mércores, 01 de outubro de 2014

[01-10-2014] A unidade móbil de inspección técnica estará o xoves, 23 de outubro, en Bertamiráns para realizar inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade. Tamén realizará inspeccións de motos e quads de máis de catro anos de antigüidade. As inspeccións realizaranse na explanada do pavillón polideportivo de Bertamiráns, en horario de 15:15 h a 18:00 horas. A cita previa poderá concertarse a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000. Aos vehículos que se presenten sen cita previa asignaráselles día e hora de atención ao público directamente na estación móbil, segundo a dispoñibilidade do servizo. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o bando sobre a unidade móbil de ciclomotores.