Mércores, 09 de outubro de 2013
[09-10-2013] A unidade móbil de inspección técnica desprazarase ata Bertamiráns para realizar inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade e quads de máis de catro anos de antigüidade. As inspeccións realizaranse na explanada do pavillón polideportivo de Bertamiráns, en horario de 15:15 h. a 18:00 horas. Non é preciso pedir cita previa para poder ser atendido. Só é preciso achegarse ata este lugar para poder realizar a correspondente revisión da motocicleta na unidade móbil. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o bando sobre a unidade móbil de ciclomotores.




