Pestanas principais

A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores estará o día 17 de marzo en Bertamiráns

Venres, 14 de febreiro de 2014

[14-02-2014] A unidade móbil de inspección técnica desprazarase ata Bertamiráns para realizar inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade, motos e quads de máis de catro anos de antigüidade. As inspeccións realizaranse na explanada do pavillón polideportivo de Bertamiráns, en horario de 15:15 h. a 18:00 horas. Non é preciso pedir cita previa para poder ser atendido. Só é preciso achegarse ata este lugar para poder realizar a correspondente revisión da motocicleta na unidade móbil. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o bando sobre a unidade móbil de ciclomotores.