Martes, 11 de febreiro de 2014
[11-02-2014] A unidade móbil de doazón de sangue visita todos os meses o concello de Ames. Durante o mes de febreiro estará os días 20 e 21 en Bertamiráns. Nesta localidade o autobús estará situado na parada da Avenida da Maía, fronte á Praza da Maía. O horario será de 15:30 h a 21:00 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas a utilización das unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas de Bertamiráns que así o desexen.




