Pestanas principais

A unidade móbil de doazón de sangue estará os días 19 e 20 de agosto en Bertamiráns

Mércores, 05 de agosto de 2015

[05-08-2015] A unidade móbil de doazón de sangue visita todos os meses o concello de Ames. Durante o mes de agosto estará os días 19 e 20 en Bertamiráns. Nesta localidade o autobús estará situado na parada da Avenida da Maía, fronte á Praza da Maía. O mércores, 19 de agosto, o horario de atención será de mañá, de 9:30 a 14:30 horas, e de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. O xoves, 20 de agosto, a unidade móbil estará en Bertamiráns pola tarde, de 15:30 a 21:00 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas a utilización das unidades móbiles, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas de Bertamiráns que así o desexen.