Venres, 08 de agosto de 2014
[08-08-2014] A unidade móbil de doazón de sangue visita todos os meses o concello de Ames. Durante o mes de agosto estará os días 18 e 19 en Bertamiráns. Nesta localidade o autobús estará situado na parada da Avenida da Maía, fronte á Praza da Maía. O luns, 18 de agosto, o horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30h a 21:00 horas, mentres que o martes, 19 de agosto, a unidade móbil de doazón estará en horario de tarde, de 15:30h a 21:00 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas a utilización das unidades móbiles, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas de Bertamiráns que así o desexen.