Pestanas principais

A unidade móbil de doazón de sangue estará o sábado 30 de outubro en Bertamiráns

Venres, 29 de outubro de 2021

A unidade móbil de doazón de sangue estará o sábado 30 de outubro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de 10:00 a 15:00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19 é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.
Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos… Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o sábado 30 de outubro en Bertamiráns

Multimedia

  • A unidade móbil de doazón de sangue estará o sábado 30 de outubro en Bertamiráns