Venres, 27 de decembro de 2013
[27-12-2013] A unidade móbil de doazón de sangue visita todos os meses o concello de Ames. Durante o mes de decembro estará os días 30 e 31 en Bertamiráns. Nesta localidade o autobús estará situado na parada da Avenida da Maía, fronte á Praza da Maía. O luns 30 estará en horario de 15.30 a 21.00 horas, mentres que o martes 31 visitará Bertamiráns de 9.30 a 14.30 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas o emprego das unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas de Bertamiráns que así o desexen.




