Pestanas principais

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 25 de novembro en Bertamiráns

Xoves, 14 de novembro de 2013

[14-11-2013] A unidade móbil de doazón de sangue visita todos os meses o concello de Ames. Durante o mes de novembro estará o día 25 en Bertamiráns. Nesta localidade o autobús estará situado na parada da Avenida da Maía, fronte á Praza da Maía. O horario será de 9:30 h a 14:30 horas e de 15:30 h a 21:00 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas o emprego das unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas de Bertamiráns que así o desexen.