Pestanas principais

A unidade móbil de doazón de sangue estará o día 4 de febreiro en Biduído

Xoves, 29 de xaneiro de 2015

[29-01-2015] A unidade móbil de doazón de sangue visita todos os meses o concello de Ames. Durante o mes de febreiro estará o día 4 en Biduído. Nesta localidade o autobús estará situado en fronte á Farmacia Quiroga Buján. O horario de atención será de tarde, de 19:00 a 21:00 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas a utilización das unidades móbiles, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas de Biduído que así o desexen.