Martes, 20 de xaneiro de 2015
[20-01-2015] A unidade móbil de doazón de sangue visita todos os meses o concello de Ames. Durante o mes de xaneiro estará o día 26 en Bertamiráns. Nesta localidade o autobús estará situado na parada da Avenida da Maía, fronte á Praza da Maía. O horario de atención será de mañá, de 9:30 a 14:30 horas, e de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas a utilización das unidades móbiles, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas de Bertamiráns que así o desexen.




