Martes, 18 de marzo de 2014
[18-03-2014] A unidade móbil de doazón de sangue visita todos os meses o concello de Ames. Durante o mes de marzo estará o día 24 en Bertamiráns. Nesta localidade o autobús estará situado na parada da Avenida da Maía, fronte á Praza da Maía. O horario será de 9:30h a 14:30h e de 15:30h a 21:00 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas a utilización das unidades móbiles, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas de Bertamiráns que así o desexen.




