Pestanas principais

A unidade móbil de doazón de sangue estará o 22 de outubro en Bertamiráns

Xoves, 16 de outubro de 2014

[16-10-2014] A unidade móbil de doazón de sangue visita todos os meses o concello de Ames. Durante o mes de outubro estará o día 22 en Bertamiráns. Nesta localidade o autobús estará situado na parada da Avenida da Maía, fronte á Praza da Maía. O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30h a 21:00 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas a utilización das unidades móbiles, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas de Bertamiráns que así o desexen.