- Tematica
A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 27 de agosto, no Milladoiro, na Travesía do Porto, ao carón do novo centro de saúde. O horario de atención será de mañá, de 9.30 a 14.30 horas, e de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está desenvolvendo a campaña estival de doazón “Non esquezas doar antes de veranear”. A iniciativa pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue nos meses de verán, co obxectivo de acadar as 27.000 doazóns que precisan os hospitais galegos para axudar a milleiros de doentes durante este período. No 2024 o municipio de Ames obtivo 1.501 doazóns cunha taxa que acadou as 46 doazóns por cada 1000 habitantes e ano.
A unidade móbil de ADOS estará estacionada o mércores, 27 de agosto, no Milladoiro, ao carón do novo centro de saúde, en horario de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas. Dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estase promovendo a campaña estival de doazón “Non esquezas doar antes de veranear”. A iniciativa pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue nos meses de verán, co obxectivo de acadar as 27.000 doazóns que precisan os hospitais galegos para axudar a milleiros de doentes durante este período.
Esta iniciativa desenvolverase en 220 concellos galegos nos meses de verán, a época de maior dificultade para acadar as 400 doazóns de sangue diarias que precisan os hospitais, polo que é necesario desenvolver iniciativas para sensibilizar e impulsar á participación da veciñanza. Os únicos requisitos para poder doar son ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. É necesario almorzar e esperar dúas horas para acudir despois de xantar. As persoas doantes deberán identificarse coa súa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Ademais, haberá que informar ao médico se se está tomando algún tipo de medicamento.
No pasado ano 2024, o concello de Ames, acadou as 1.501 doazóns de sangue, cunha taxa de 46 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, 7 puntos por encima da media galega. Dende ADOS amosan o seu agradecemento pola colaboración do concello de Ames e especialmente pola súa axuda e apoio no desenvolvemento desta campaña estival, cuxo obxectivo é que os doadores habituais participen durante os meses de verán, e mobilizar tamén ás persoas que coñecen a importancia deste xesto solidario, pero levan tempo sen doar sangue.
Teléfono de información
Na situación actual, a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doadores de sangue. Así mesmo, dispón dun teléfono de información gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles da doazón de sangue, o número 900 100 828.
Tamén se pode consultar a súa páxina web premendo nesta ligazón ou escaneando o código QR do cartel que se axunta.
Novas relacionadas:
Diario de Santiago: "A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 27 de agosto no Milladoiro"








