Pestanas principais

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 28 de agosto en Bertamiráns

Luns, 27 de agosto de 2012

[27-08-2012] A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará este martes, 28 de agosto, en Bertamiráns, no lugar onde se atopa a parada do autobús da Avenida da Maía, fronte á Praza da Maía. Todos os veciños e veciñas que desexen doar poderán facelo en horario de 9:30 h a 14:30 horas e de 15:30 h a 21:00 horas. O pasado 20 de agosto a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estivo no Milladoiro, onde doaron un total de 72 persoas, das cales 9 foron novos doadores/as. A unidade móbil de doazón de sangue visita todos os meses o concello amiense. A través desta iniciativa trátase de garantir o labor asistencial dos centros sanitarios galegos.

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) anima aos cidadáns a participar na campaña de doazón de sangue “Verán 2012”, que este ano desenvólvese baixo o lema “O teu sangue é vida. Compártea. Doa Sangue”, co obxectivo de obter 40.000 doazóns entre os meses de xuño a setembro.

Para o CTG, o período de verán resulta especialmente delicado no que se refire á doazón de sangue, xa que se produce unha deslocalización dos doadores e doadoras habituais e as necesidades de compoñentes sanguíneos non diminúen, xa que aumentan os accidentes de tráfico. Todos os días son necesarias 500 doazóns de sangue para que os centros sanitarios galegos poidan levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial xa que, grazas a inestimable colaboración dos doadores e doadoras galegos, todos os días poden levarse a cabo nos centros sanitarios galegos unha media de 500 intervencións cirúrxicas, atender 3.000 urxencias e realizar tres transplantes de órganos e tecidos.

O Concello de Ames é consciente da situación de necesidade en canto ao número de doazóns de sangue e atópase comprometido a facer todo o posible por aumentar as doazóns e axudar as persoas que así o precisen. Debido a iso, as localidades de Bertamiráns e do Milladoiro acollen unha vez ao mes a unidade móbil de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia.

Este martes 28 de agosto a unidade móbil de doazón estará en Bertamiráns, en horario de 9:30 h a 14:30 h e de 15:30 h ata ás 21:00 horas. O autobús estará situado na parada do autobús da Avenida da Maía, fronte á Praza da Maía. Anteriormente, o pasado 20 de agosto, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estivo no Milladoiro, onde doaron un total de 72 persoas, das cales 9 foron novos doadores/as.

Datos das doazóns realizadas durante o 2011

Segundo os datos facilitados polo Centro de Transfusión de Galicia durante o 2009 houbo 897 doazóns en Ames. En 2010 incrementouse o número de doadores nun 14%, rexistrándose un total de 1.019 doazóns. No que se refire ao 2011, rexistráronse un total de 1.261 doazóns de sangue, o que supón un incremento do 24% na participación con respecto ao ano 2010. A taxa rexistrada é dunhas 44 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano.

Todos os anos en Ames prodúcese un incremento das persoas que doan sangue por primeira vez o que convirte ao concello amiense nun dos municipios galegos con maior índice de doazóns. Ames atópase dous puntos por encima da media galega no que a número de doazóns se refire. Durante o 2011 en Galicia producíronse 116.112 doazóns de sangue, que representan 42 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. Deste xeito cúmprese un dos obxectivos que se marca todos os anos o Centro de Transfusión de Galicia que é o de involucrar a persoas que nunca foron doadores. Outro dos obxectivos é manter a participación das persoas que xa son doadoras.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 28 de agosto en Bertamiráns"
La Voz de Galicia: "Mañana estará en Bertamiráns la unidad móvil de donación de sangre"