Pestanas principais

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 28 de xaneiro, en Bertamiráns

Venres, 25 de xaneiro de 2013

[25-01-2013] A unidade móbil de doazón de sangue visita todos os meses o concello amiense. Este luns, 28 de xaneiro, o autobús desprazarase ata Bertamiráns. Nesta localidade estará situado na parada de autobús da Avenida da Maía, fronte á Praza da Maía. O horario será de 9:30 h a 14:30 horas e de 15:30 h a 21:00 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas o emprego das unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas de Bertamiráns que así o desexen.