Pestanas principais

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 13 de outubro en Bertamiráns

Domingo, 12 de outubro de 2025

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 13 de outubro, en Bertamiráns, na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía. O horario de atención será de 9.30 a 14.30 e de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Non perdas este bus, doa sangue”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos. No 2024 o municipio de Ames obtivo 1.501 doazóns cunha taxa que acadou as 46 doazóns por cada 1000 habitantes e ano.

A unidade móbil de ADOS estará estacionada o luns, 13 de outubro, en Bertamiráns, ao carón da praza da Maía, en horario de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. Os únicos requisitos para poder doar son ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. É necesario almorzar e esperar dúas horas para acudir despois de xantar. As persoas doantes deberán identificarse coa súa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Ademais, haberá que informar ao médico se se está tomando algún tipo de medicamento.

“Non perdas este bus, doa sangue” é unha campaña de sensibilización e doazón de sangue da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), a cal utiliza autobuses para chegar a lugares de difícil acceso e facilitar a doazón, especialmente en campus universitarios e outras localidades de Galicia. A campaña anima á solidariedade para aumentar as doazóns de sangue, xa que, por exemplo, os hospitais galegos necesitan ao redor de 400 doazóns diarias.

No pasado ano 2024, o concello de Ames, acadou as 1.501 doazóns de sangue, cunha taxa de 46 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, 7 puntos por encima da media galega. Dende ADOS amosan o seu agradecemento pola colaboración do concello de Ames, e especialmente pola súa axuda e apoio no desenvolvemento das distintas campañas, que se poñen en marcha ao longo do ano para incentivar a doazón entre a cidadanía galega.

Teléfono de información
Na situación actual, a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doadores de sangue. Así mesmo, dispón dun teléfono de información gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles da doazón de sangue, o número 900 100 828.

Tamén se pode consultar a súa páxina web premendo nesta ligazón ou escaneando o código QR do cartel que se axunta.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 13 de outubro en Bertamiráns

Multimedia

  • A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 13 de outubro en Bertamiráns