Xoves, 16 de outubro de 2014
[16-10-2014] A unidade móbil de doazón de sangue está no Milladoiro os días 22 e 23 de outubro. O autobús do Centro de Transfusión de Galicia estará situado na rúa da Cruxa (ao carón de supermercados El Árbol). O horario de atención será de 15:30h a 21:00 horas. O Centro de Transfusión de Galicia, grazas a utilización das unidades móbiles, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns. Nesta ocasión terán a oportunidade de doar todos os veciños e veciñas de Milladoiro que así o desexen.




