Pestanas principais

Unhas 400 persoas asistiron á festa de graduación do alumnado do IES de Ames

Luns, 25 de maio de 2015

[25-05-2015] O alcalde de Ames, Santiago Amor, asistiu o venres á festa de graduación do alumnado de segundo de Bacharelato do IES de Ames. Amor felicitou aos estudantes, ao equipo docente e aos familiares e sinalou que para o Concello “é unha unha gran satisfacción ver como cada curso saen dos nosos centros educativos novas promocións cada vez mellor preparadas”.

O acto, ao que asistiron unhas 400 persoas, quedou clausurado coas emotivas palabras da directora do centro Marisol Louro, quen animou aos escolares a seguir esforzándose e a “non esquecer nunca este instituto”.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Otra generación que deja el instituto"