Pestanas principais

Unha unidade móbil do Centro de Transfusións achegarase a Ames a vindeira semana

Domingo, 19 de xuño de 2016

[19-06-2016] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza de que neste mes de xuño unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia acudirá ao Milladoiro e a Bertamiráns no mes de xuño para facilitar o xesto de doar sangue.

A unidade móbil do CTG estacionarase primeiro no Milladoiro, o martes 21 de xuño. Situarase na rúa da Curuxa, ao carón do supermercado El Árbol, en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. En Bertamiráns situarase outra unidade o día mércores 22 de xuño, en horario de 15:30 a 21:00 horas. Farao diante da Praza da Maía. Aquelas persoas que desexen achegarse a doar e o fagan por primeira vez deberán acudir co seu DNI.

As persoas que queiran doar deberán cumprir estes requisitos mínimos: ter entre 18 e 65 anos (as persoas maiores de 65 anos precisan o permiso médico para facelo) e unha saúde normal. Non poderán acudir sen almorzar, e se o fan despois do xantar deberán agardar como mínimo dúas horas antes de doar. Outros requisitos específicos pódense ler nos folletos informativos que podes obter á túa dereita, baixo o apartado de descargas, xunto a outro documento informativo sobre as doazóns de sangue.