Pestanas principais

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará o 22 de febreiro en Bertamiráns e os días 24 e 25 no Milladoiro

Martes, 22 de febreiro de 2011

[22-02-2011] O Concello de Ames comunícalle a todos os veciños e veciñas que o martes 22 de febreiro unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ata Bertamiráns. Todos os amienses que desexen doar sangue tan só teñen que achegarse ata a unidade móbil que estará situada na avenida da Maía, ao carón do supermercado Gadis, en horario de 09:30 h. a 14:30 horas e de 15:30 h. a 21:00 horas.

Posteriormente, os días 24 e 25 de febreiro, estará no Milladoiro, na rúa da Curuxa, ao carón de Supermercados El Árbol, en horario de 15:30 h. a 21:00 horas.