Pestanas principais

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará no Milladoiro o día 31 de marzo

Mércores, 30 de marzo de 2011

[30-03-2011] O Concello de Ames comunícalle a todos os veciños e veciñas que o xoves 31 de marzo unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ata o Milladoiro. Todos os amienses que desexen doar sangue tan só teñen que achegarse ata a unidade móbil que estará situada na rúa Cruxa, ao carón do supermercado El Árbol, en horario de tarde, de 15:30 h. a 21:00 horas.