Pestanas principais

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará esta semana en Bertamiráns e no Milladoiro

Luns, 17 de xuño de 2019

O Concello de Ames informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá o martes 18 e mailo mércores 19 de xuño ata Bertamiráns. O xoves 20 e o venres 21 estará no Milladoiro. A unidade móbil de doazón estará aparcada na avenida da Maía (diante da praza da Maía), en Bertamiráns, e na rúa Curuxa (na intersección coa avenida de Rosalía de Castro), no Milladoiro, en horario de 15.30 a 21.00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Unha destas unidades móbiles desprazarase esta semana ata Ames. Así, o martes 18 e o mércores 19 de xuño estará en Bertamiráns, mentres que o xoves 20 e o venres 21 desprazrase ata O Milladoiro. A unidade móbil de doazón estará aparcada na avenida da Maía (diante da praza da Maía), en Bertamiráns, e na rúa Curuxa (na intersección coa avenida de Rosalía de Castro), no Milladoiro, en horario de 15.30 a 21.00 horas.

As recomendacións e requisitos existentes para as persoas doadoras pódense atopar premendo nas ligazóns do apartado de descargas deste aviso. Ademais, o Centro de Transfusión de Galicia publicou un vídeo no que se explica polo miúdo o proceso e que se pode ver premendo na seguinte ligazón https://www.youtube.com/watch?v=ONAx5Aor2JI.

Segundo indican dende o Centro de Transfusión de Galicia “as persoas que doan sangue son unha parte importante da sanidade. Están presentes nas intervencións cirúrxicas, cando se atende a persoas que sufriron un accidente de tráfico, cando se loita contra o cancro e a leucemia, cando se realiza un transplante de órganos... O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a súa saúde”.

Ligazóns:

Compostela 24 horas: "Bertamiráns e Milladoiro acolle esta semana unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia"

A unidade móbil de doazón está en Bertamiráns os días 18 e 19 de xuño

Multimedia

  • A unidade móbil de doazón está en Bertamiráns os días 18 e 19 de xuño
  • A unidade móbil de doazón estará no Milladoiro os días 20 e 21 de xuño