Mércores, 23 de marzo de 2011
[23-03-2011] O Concello de Ames comunícalle a todos os veciños e veciñas que o xoves 24 e o venres 25 de marzo unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ata Bertamiráns. Todos os amienses que desexen doar sangue tan só teñen que achegarse ata a unidade móbil que estará situada na avenida da Maía, ao carón do supermercado Gadis, en horario de 15:30 h. a 21:00 horas.




