Pestanas principais

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en Bertamiráns o día 28 de abril

Luns, 25 de abril de 2011

[25-04-2011] O Concello de Ames comunícalle a todos os veciños e veciñas que o xoves 28 de abril unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ata Bertamiráns. Todos os amienses que desexen doar sangue tan só teñen que achegarse ata a unidade móbil que estará situada na praza da Maía, en horario de mañá, de 9:30 h. a 14:30 horas, e de tarde, de 15:30 h. a 21:00 horas.