[13-09-2016] Este mércores, 14 de setembro, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estacionará na rúa Curuxa, ao carón do supermercado el Árbol, no Milladoiro. En horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas atenderá ás persoas que desexen doar. Podes obter máis información acerca do proceso de doazón de sangue premendo á túa dereita, baixo o apartado de descargas.
Este mércores unha unidade móbil do CTG desprazarase até o Milladoiro para facilitarlle á veciñanza o xesto de doar sangue. Permanecerá estacionada ao carón do supermercado el Árbol, na rúa Curuxa, entre as 9:30 e as 21:00 horas. As persoas que acudan por primeira vez a doar deberán lembrarse de levar o seu carné de identidade.
Lémbrase á cidadanía que só poderán doar aquelas persoas cunha saúde normal de entre 18 e 65 anos. Non se pode acudir sen almorzar, e aquelas persoas que o fagan despois de xantar deberán agardar un mínimo de dúas horas. Recórdase tamén que os homes poden doar un máximo de 4 veces ao ano e as mulleres un máximo de 3. Esta, e outra información, atópanse nos folletos informativos que podes obter premendo baixo o apartado de descargas, ou nun vídeo creado polo proio CTG.
As unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia foron creadas para facilitar á poboación a participación neste acto solidario, sen que se teñan que trasladar aos centros fixos para a realización de doazón en Galicia, e co o obxectivo e a necesidade de acadar 500 doazóns diarias.




