Pestanas principais

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia atenderá as doazóns de sangue os días 23 e 24 de decembro no Milladoiro

Mércores, 21 de decembro de 2016

[21-12-2016] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá este venres 23 e mailo sábado, 24 de decembro, ao Milladoiro. O vehículo estacionará na avenida da Curuxa, ao carón do supermercado El Árbol. O venres 23 atenderá ás persoas doantes en horario de 15:30 a 21:00 horas, mentres que o sábado 24 a unidade móbil de doazón estará no Milladoiro entre as 10:00 e as 14:30 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.

Recórdase así mesmo ás e aos doantes que non se debe acudir a doar sen almorzar, e que aquelas persoas que doen despois do xantar teñen que agardar un mínimo de dúas horas para facelo. Poden doar as persoas maiores de 18 anos e menores de 65 anos -idade a partir da cal é preciso un permiso médico- e nun estado normal de saúde.

As recomendacións para persoas que queiran doar, así como os requisitos, poden obterse premendo nas ligazóns do apartado de descargas. Ademais o Centro de Transfusión de Galicia publicou un vídeo no que se explica polo miúdo o proceso e que se pode ver premendo nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=ONAx5Aor2JI.