Pestanas principais

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia atenderá as doazóns de sangue o vindeiro luns, 27 de novembro, en Bertamiráns

Sábado, 25 de novembro de 2017

[25-11-2017] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) estará o vindeiro luns, 27 de novembro, en Bertamiráns. O vehículo atoparase estacionado na Avenida da Maía, diante da praza do mesmo nome, en horario de 09:30h a 14:30h e de 15:30 a 21:00 horas. Para doar, será preciso presentar a tarxeta de doante, o DNI ou calquera documento identificativo semellante. O concello de Ames colabora coa campaña solidaria da Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos #súmatedoasangue.

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en Bertamiráns o vindeiro luns, 27 de novembro. O vehículo atoparase estacionado na Avenida da Maía, ao carón da praza do mesmo nome, en horario de 9:30h a 14:30h e de 15:30h a 21:00 horas. Para doar, deberase presentar a tarxeta de doante, o DNI ou calquera documento identificativo semellante. Do mesmo xeito, non se debe acudir a doar co estómago baleiro nin facelo ata dúas horas despois de ter xantado. Non lles está permitido doar ás persoas menores de 18 anos nin ás maiores de 65 anos (idade a partir da cal é preciso un permiso médico).

Durante o ano 2016, Ames acadou 43 doazóns por cada 1.000 habitantes. O obxectivo para este 2017 é o de manter o mesmo nivel de doazóns. Un nivel que se sitúa mesmo por riba das cifras recomendadas pola Organización Mundial para a Saúde de 40 a 60 doazóns por 1.000 habitantes. O Concello de Ames colabora coa campaña solidaria da Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos #súmatedosangue.

Recomendacións para doar
As recomendacións e requisitos existentes para as persoas doadoras pódense atopar premendo nas ligazóns do apartado de descargas desta nova. Ademais, o Centro de Transfusión de Galicia publicou un vídeo no que se explica polo miúdo o proceso e que se pode ver premendo na seguinte ligazón https://www.youtube.com/watch?v=ONAx5Aor2JI.

Segundo indican dende o Centro de Transfusión de Galicia “as persoas que doan sangue son unha parte importante da sanidade. Están presentes nas intervencións cirúrxicas, cando se atende a persoas que sufriron un accidente de tráfico, cando se loita contra o cancro e a leucemia, cando se realiza un transplante de órganos... O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a súa saúde”.