[19-10-2016] Esta semana unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estacionará no Milladoiro durante as tardes dos días 20 e 21. Estas unidades foron deseñadas para facilitar á poboación o acto de doar sangue. Prégase a todas as persoas que acudan facelo levando consigo a tarxeta de doador/a, o DNI ou algún documento de identificación similar. A unidade situarase na rúa Curuxa, ao carón do supermercado El Árbol, en horario de 15:30 a 21:00 horas.
Como cada mes do ano unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia (CTG) desprazarase a Ames para atender a todas aquelas persoas que desexen doar sangue. Nesta ocasión o vehículo estacionará na rúa Curuxa, na localidade do Milladoiro, ao carón do supermercado El Árbol. Alí prestará servizo aos e ás doantes os días xoves 20 e venres 21 de outubro, en horario de 15:30 a 21:00 horas.
Lémbrase ás persoas que desexen doar sangue que deberán agardar un mínimo de dúas horas despois de xantar para doar. Ademais deberán cumprir os seguintes requisitos: ter entre 18 e 65 anos (a partir desa idade é preciso un permiso médico) e un estado normal de saúde. As recomendacións e o proceso de doado de sangue pódense consultar nos documentos situados baixo o apartado de descargas ou neste vídeo deseñado polo CTG: https://www.youtube.com/watch?v=ONAx5Aor2JI.
A concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade anima á veciñanza a achegarse a doar esta semana no Milladoiro, para acadar a cifra de entre 40 e 60 doazóns por cada 1000 habitantes para cubrir as necesidades de hospitais e centros de saúde, como recomenda a Organización Mundial da Saúde.




