Pestanas principais

Unha unidade do CTG atenderá as doazóns de sangue o día 21 no Milladoiro

Sábado, 19 de novembro de 2016

[19-11-2016] A concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá o vindeiro luns, 21 de outubro, ao Milladoiro. O vehículo estacionará na avenida da urxa, ao carón do supermercado El Árbol. Atenderá ás persoas doantes en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.

Recórdase así mesmo ás e aos doantes que non se debe acudir a doar sen almorzar, e que aquelas persoas que doen despois do xantar teñen que agardar un mínimo de dúas horas para facelo. Poden doar as persoas maiores de 18 anos e menores de 65 anos- idade a partir da cal é preciso un permiso médico- e nun estado normal de saúde.

As recomendacións para persoas que queiran doar, así como os requisitos, poden obterse premendo nas ligazóns do apartado de descargas. Ademais o CGT publicou un vídeo no que se explica polo miúdo o proceso e que se pode ver premendo nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=ONAx5Aor2JI.