Pestanas principais

Unha nova enquisa interpela á veciñanza de Ames sobre a Sede electrónica municipal

Mércores, 03 de febreiro de 2021

Moitos dos trámites administrativos débense facer a través da Sede electrónica á que se pode acceder dende a web municipal do Concello de Ames. Para saber o uso que a veciñanza fai deste servizo, e se está satisfeita con el, unha nova enquisa permite coñecer as opinións da veciñanza amesá. Ademais, déixase aberta a opción de facer algún comentario adicional ou algunha suxestión que axude a mellorar este portal. Para participar na enquisa podes premer nesta ligazón. Habilitouse un banner no pé da páxina web que estará dispoñible de forma permanente para acceder á enquisa.

A enquisa, formada por  11 cuestións, comeza preguntando aos participantes se algunha vez fixeron uso da Sede electrónica; da nova ferramenta de cita previa; e do servizo de pago en liña. Tamén se pregunta se algunha vez tiveron problemas co servizo de pago en liña.

Ademais, debido a que para a tramitación de moitas solicitudes na nova sede é obrigatorio o uso do certificado electrónico ou DNI electrónico, interesa saber se a veciñanza dispón dalgúns deste dous documentos de identificación. Co fin de axudar e poder facilitar  información sobre como obter o certificado electrónico, a enquisa pregunta se o/a usuario/a coñece como conseguilo.

Outras das preguntas é cantas veces se visitou no último mes a Sede electrónica municipal. A enquisa pretende coñecer a experiencia dos veciños e das veciñas co servizo e por iso se pregunta se algunha vez se tivo problemas coa presentación telemática de documentación na Sede electrónica.

Por outro lado, a información municipal de convocatorias, subvencións, procesos selectivos, edictos, ordenanzas, etc. atópase no taboleiro de anuncios da Sede electrónica. É por iso que unha cuestión fai referencia á frecuencia coa que o/a usuario/a consulta dito taboleiro (diariamente, semanalmente, de xeito mensual ou se os descoñece).

Por último, pregúntase aos participantes que valoración farían a nivel xeral da Sede electrónica e habilítase un espazo para suxerir melloras.

Para participar na enquisa habilitouse un banner, no pé da páxina web, que estará dispoñible de forma permanente durante aproximadamente dous meses. A esta enquisa tamén se pode acceder a través do menú de Atención Cidadá, información e participación;  Participación; Procesos de participación; Enquisas, sondaxes e votacións.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia:  "Una encuesta consulta sobre la sede electrónica municipal de Ames"

sede electronica ames.