[29-10-2016] A concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá este luns, 31 de outubro, a Bertamiráns. O vehículo estacionará na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía e atenderá ás persoas doantes en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.
Como cada mes do ano unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) desprazarase a Ames para atender ás persoas que desexen doar sangue. O autobús estacionará ao carón da praza da Maía, en Bertamiráns. Alí permanecerá en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. Dende a concellaría recordan a todas aquelas persoas que queiran doar que deberán levar consigo o carné de doantes, o DNI ou outro documento identificativo.
Lémbrase ademais que non se debe acudir a doar sen almorzar, e que aquelas persoas que doen despois do xantar teñen que agardar un mínimo de dúas horas para facelo. Poden doar as persoas maiores de 18 anos e menores de 65 anos, idade a partir da cal é preciso un permiso médico, e nun estado normal de saúde.
As recomendacións para persoas que queiran doar, así como os requisitos, poden obterse premendo nas ligazóns do apartado de descargas. Ademais o CGT publicou un vídeo no que se explica polo miúdo o proceso e que se pode ver premendo nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=ONAx5Aor2JI.




