Pestanas principais

Un total de 47 pilotos participarán este domingo, 9 de xuño, no Gran Premio de Supercross Concello de Ames 2013

Venres, 07 de xuño de 2013

[07-06-2013] O circuíto de Brins acolle este domingo, 9 de xuño, a primeira proba do Campionato Galego de Supercross. A Asociación Moto club Ameixenda en colaboración co Concello de Ames, é a encargada, unha vez máis, de organizar por décimo terceiro ano consecutivo o Gran Premio de Supercross Concello de Ames. A organización indica que participarán un total de 47 pilotos de toda Galicia e que estarán divididos en seis categorías: MX1, MX2, MX+36, MXAF, MX85, MX65. Ás 9:00 horas comezarán as verificacións técnicas e administrativas, continuando cos adestramentos libres o longo de toda a mañá. Xa pola tarde, ás 16:30 horas dará comezo a proba, que está composta de dúas mangas por categoría. A entrega de trofeos realizarase arredor das 18:30 horas.

O Moto club Ameixenda organiza este domingo, 9 de xuño, o Gran Premio Concello de Ames - Brins 2013. Trátase da primeira proba puntuable para o Campionato Galego de Supercross que se desenvolverá no circuíto de Brins e que conta cunha superficie de 20.000 metros cadrados e cun amplo aparcadoiro e dez mil metros cadrados. Para chegar ao circuíto pódese acceder pola estrada DP 0701, á altura do KM 4. A espectacularidade do percorrido, que permite efectuar uns grans saltos, é famosa e requirida entre os pilotos.

A organización indica que participarán un total de 47 pilotos de toda Galicia e que estarán divididos en seis categorías: MX1, MX2, MX+36, MXAF, MX85, MX65. Nesta proba participan os mellores pilotos de Supercross de toda Galicia, podendo destacar entre eles a Rubén Fernández García, campión de España na categoría Promesas, e o piloto amiense José Manuel García Moure, terceiro clasificado na categoría de veteranos na pasada tempada 2012.

A proba comezará as 9:00 horas coas verificacións técnicas e administrativas, continuando cos adestramentos libres o longo de toda a mañá, onde os pilotos tomarán contacto co circuíto de Brins. Despois de xantar, ás 16:30 horas, comezarán as diversas carreiras por categorías. Haberá dúas mangas por categoría polo que se poderá ver un total de 12 carreiras. O público terá a oportunidade de gozar dos saltos dos mellores pilotos galegos que practican esta modalidade de motociclismo. Finalmente, a partir das 18:30 horas realizarase a entrega de premios.

Con esta proba o Moto club Ameixenda vai pola súa décimo terceira edición, e convértese no único moto club de Galicia que leva 13 probas consecutivas. Segundo manifestan dende o propio moto club “isto é posible grazas á colaboración de moitas empresas, persoas particulares e entidades oficiais”. Para calquera consulta ou aclaración sobre o desenvolvemento do Gran Premio Concello de Ames - Brins 2013 pódense poñer en contacto con José Manuel García Moure, presidente da Asociación Moto club Ameixenda, chamando ao número de teléfono 629 717 275.