Pestanas principais

Un total de 43 equipos participan no I Torneo de fútbol base Ames Cup Verán

Xoves, 28 de xuño de 2012

[28-06-2012] Esta fin de semana desenvólvese o I Torneo de fútbol base Ames Cup Verán, un evento organizado polo Bertamiráns FC e o Milladoiro SD e que conta coa colaboración do Concello de Ames. Este evento tamén conta co patrocinio de varias empresas como son Beirasar, Espina & Delfín, La Caixa e Centro dental Macía. Esta competición celebrarase entre o 29 de xuño e o 1 de xullo no campo municipal de Bertamiráns e do Milladoiro. O torneo dispútase na modalidade de fútbol 7 para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín.

Esta competición celebrarase entre o 29 de xuño e o 1 de xullo no campo municipal de Bertamiráns e do Milladoiro. Neste torneo participan un total de 43 equipos das categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Os equipos dividiranse en dous grupos de catro equipos cada un por categoría. Cómpre destacar a participación da Escola de fútbol Benfica en Olivais, que trae a este torneo 5 equipos; un prebenxamín, un benxamín de primeiro ano e outro de segundo ano, e dous equipos de alevíns de primeiro ano.

Os clubs que participan neste torneo son o Bertamiráns FC, o Milladoiro SD, Vista Alegre CF, Victoria CF, a Escola de fútbol Benfica en Olivais, CD La Salle, SD Silleda SR Calo, ADE Inmaculada, Rácing San Lorenzo, CD Conxo, CD Compañía de María, Ordenes SD e A Merce SD. Hai que destacar que algúns clubs presentan a este torneo varios equipos.

Na primeira fase os equipos enfrontaranse entre eles disputando tres partidos cada un. O primeiro e segundo equipo de cada grupo clasificarase para a fase final, mentres que o terceiro e cuarto xogarán a fase de consolación. A segunda fase desenvolverase polo sistema de eliminación directa. A competición será mixta polo que os equipos poderán estar formados por nenos e nenas.

A fase de grupos disputase dende as 18:00 h do venres ata as 18:00 h do sábado, mentres que a fase de eliminación directa xogarase entre as 19:00 h e as 22:00 horas do sábado. As finais de cada categoría disputaranse o domingo 1 de xullo pola mañá. O acto de clausura e a entrega de premios terá lugar o domingo a partir das 14:00 horas.

O concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, destacou a importancia da organización deste evento por parte do Bertamiráns FC e do Milladoiro SD. “Pódese dicir que esta é a primeira pedra que se pon entre estes dous clubs para poder desenvolver de xeito conxunto futuros proxectos. Creo que están traballando moi ben coas categorías de base e isto é algo primordial para fomentar o deporte entre a mocidade. Agardo que este torneo teña o mesmo éxito que a primeira edición do Torneo de fútbol base Bertamiráns FC, Ames Cup, que se celebrou durante Semana Santa”, manifestou Manuel Ferreiro.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Un total de 43 equipos participan no I Torneo de fútbol base Ames Cup Verán"