[19-11-2012] A Aula da Natureza acolleu un obradoiro de cociña de cogomelos no que participaron unhas 25 persoas. Este obradoiro enmárcase dentro da programación de exaltación de produtos de Outono, que preparou o Concello de Ames para o mes de novembro. Neste obradoiro, un cociñeiro elaborou tres pratos diferentes con produtos galegos nos que se incluíu diferentes cogomelos (níscalos, sitaki, etc). Previamente, xa se realizou unha charla – coloquio sobre a iniciación aos cogomelos e unha saída micolóxica. Estas actividades, que xiraron arredor da micoloxía, tiveron un gran éxito de participación. Preto de 200 persoas asistiron a estes obradoiros.
As 25 persoas que participaron neste obradoiro puideron degustar os diferentes pratos que elaborou Saturnino Gómez. Ademais, puideron resolver todas as dúbidas que tiveron sobre a elaboración deste pratos. O cociñeiro respondeu varias preguntas sobre a compra e preparación do peixe e marisco de cara as festas de Nadal. Os asistentes a este obradoiro tamén plantexaron diferentes preguntas sobre os cogomelos e as herbas aromáticas.
Previamente a este obradoiro xa se realizaron outras actividades sobre o mundo dos cogomelos. O venres 9 de novembro organizouse unha charla – coloquio sobre a iniciación aos cogomelos na que participaron máis de 50 persoas, mentres que o sábado 10 de novembro houbo unha saída micolóxica na que participaron unhas 100 persoas. Os participantes recolleron máis de 30 especies diferentes de cogomelos.
Estas actividades tiveron un gran éxito xa que preto 200 persoas participaron na charla, na saída micolóxica e no obradoiro de cociña de cogomelos.
Os veciños e veciñas de Ames tiveron a oportunidade de participar na Exaltación de produtos de Outono, que organizou o Concello de Ames para este mes de novembro. Estas actividades xiraron ao redor das castañas e dos cogomelos. O sábado pasado pechouse esta programación de actividades cun obradoiro de cociña de cogomelos que se desenvolveu na Aula da Natureza.
O cociñeiro Saturnino Gómez Rey elaborou tres sinxelos pratos nos que empregou produtos típicos galegos. Estas receitas incluíron diferentes especies de cogomelos. En primeiro lugar cociñou un revolto de cogomelos con langostinos e ovo. A continuación, fixo espaguetes con carne picada e níscalos. O terceiro e último prato que elaborou foi unha pescada fervida con colas de langostinos e sitaki. O cociñeiro contou coa axuda da coordinadora da Aula da Natureza e dunha empregada municipal da Concellaría de Medio Ambiente.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Un total de 25 persoas aprenderon a cociñar cogomelos na Aula da Natureza"