Pestanas principais

Un total de 24 persoas participan no obradoiro de conservación caseira e natural dos alimentos

Xoves, 15 de novembro de 2012

[15-11-2012] Este sábado, 17 de novembro, desenvolverase a segunda xornada do obradoiro de conservación caseira e natural dos alimentos no que participan un total de 24 persoas. Esta actividade está divida en tres xornadas. O pasado 20 de outubro explicáronse distintas nocións sobre a conservación e o conxelado de alimentos. Este sábado completarase a explicación do proceso de conxelado e abordarase o afumado e escabeche, mentres que na terceira xornada, que se realizará o 24 de novembro, tratarase a salmoira e desecación de alimentos. Nesta actividade explicáselle aos asistentes que tipo de alimentos se adapta mellor a cada método de conservación, os motivos e a conveniencia de aplicar métodos de conservación. Estes obradoiros desenvólvense na Aula da Natureza, en horario de 11:00 h a 13:30 horas.

Este sábado, 17 de novembro, desenvolverase a segunda xornada do obradoiro de conservación caseira e natural dos alimentos, na que se completará a explicación do proceso de conxelado e abordarase o proceso de afumado e escabeche. Falarase do papel do fume como inhibidor de osíxeno que causa o deterioro e enranciamento das graxas, así como o papel dos ácidos que provocan o crecemento bacteriano. Por outra banda, os participantes poderán realizar un afumado caseiro de peixe e elaborarán un escabeche de mexillón.

Este obradoiro comezou o pasado 20 de outubro cunha charla sobre as causas de deterioro dos alimentos. A técnica responsable da Aula da Natureza explicou o xeito de facer correctamente a conservación e introduciu aos asistentes no proceso de conxelado, así como as bases de seguridade que hai que adoptar no consumo destes alimentos. No apartado de conservación fíxose fincapé nos procesos de esterilización que hai que adoptar. Rematada a explicación pasouse á parte práctica na que se elaborou cabelo de anxo, salsa de tomate e marmelo de mandarina. A receita do cabelo de anxo tivo moita aceptación entre os participantes pensando nos doces que se preparan durante as datas de Nadal.


Gran aceptación entre a veciñanza
Tal e como se pretendía a explicación de coñecementos foi moi transversal. A través deste obradoiro preténdese introducir aos participantes no mundo da conservación de alimentos. Esta actividade esta tendo moi boa aceptación entre a veciñanza amiense xa que participan persoas de idades moi variadas que van dende os 25 ata os 50 anos aproximadamente.

Dende a Aula da Natureza destacan que a pesar de ser a primeira vez que se imparte este obradoiro está tendo moi boa aceptación entre a veciñanza amiense. Ademais, cómpre destacar a colaboración e o bo ambiente que hai entre todos os participantes. Unha boa mostra do gran interese que está espertando esta actividade é a ampla lista de agarda que hai para participar neste obradoiro. Debido a isto, dende a Concellaría de Medio Ambiente decidiuse repetir esta actividade a partir do próximo mes de xaneiro.

Terceira xornada do obradoiro
Na terceira e última xornada, que se realizará o 24 de novembro, tratarase a salmoira e a desecación de alimentos. Explicarase o papel que desenvolve o sal en distintas concentracións para a elaboración de diversos produtos como a orella de porco e a conservación de anchoas, aceitunas, etc. Tamén se falará sobre os distintos métodos de secado dos produtos do mar de Galicia. Este é un dos métodos de conservación máis comúns que se emprega nas vilas da costa galega e que se utiliza de forma complementaria a outros métodos de conservación.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Un total de 24 persoas participan no obradoiro de conservación caseira e natural dos alimentos"