Pestanas principais

Un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero

Martes, 13 de decembro de 2011

[13-12-2011] Tras o dramático suceso de violencia de xénero ocorrido no día de onte en Carral, onde Matilde Vázquez Ramallal de 38 anos perdía a súa vida a mans da súa ex parella, dende o Concello de Ames manifestamos a nosa máis firme repulsa ante este último acto de violencia de xénero. É por iso que se gardou un minuto de silencio ás 13:30 horas na entrada da Casa do Concello en recordo a Matilde Vazquez Ramallal e como repulsa a este tipo actos.