Pestanas principais

Un grupo de dez persoas da Escola de Maiores aprende o manexo de internet na Aula de Informática do Milladoiro

Luns, 07 de maio de 2012

[07-05-2012] Un grupo de dez persoas pertencentes á Escola de Maiores participa na Aula de Informática do Milladoiro nun curso de informática no que adquiren coñecementos sobre internet e sobre o manexo do correo electrónico. A actividade, que comezou no mes de xaneiro e rematará en xuño, desenvoóvese todos os venres entre as 17:00 e as 18:00 horas. O alumnado lembra ou aprende nocións sobre a rede, principalmente sobre o uso do correo electrónico. Ademais, traballan co procesador de textos LibreOffice, len a prensa a través da rede, aprenden a enviar postais dixitais ou calculan rutas para poder facer unha viaxe.

Os alumnos, algúns dos cales levan participando nestas xornadas durante máis de cinco anos, recordan ou aprenden nocións sobre internet, principalmente sobre o uso do correo electrónico. A maioría xa teñen a súa conta de correo e emprégana de xeito habitual, aínda que sempre lles xorden algunhas dúbidas derivadas do seu uso.

Nas clases, os e as asistentes tamén len a prensa a través da rede, aprenden a enviar postais dixitais, visitan páxinas de museos, buscan receitas de cociña ou calculan rutas para poder facer unha viaxe. Ademais, os maiores tamén traballan co procesador de texto de LibreOffice. A través deste programa, e buscando unha temática axeitada para cada momento, ensináselles a crear un documento e darlle forma, a engadir táboas, inserir imaxes ou a darlle movemento a un texto.

Este curso forma parte da programación que desenvolve a Aula de Informática do Milladoiro todos os trimestres, unha programación que abrangue multitude de actividades co obxectivo de que a veciñanza amiense teña a oportunidade de mellorar os seus coñecementos de informática.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "A escola de maiores ensina o o manexo de internet na aula de informático do Milladoiro"