Pestanas principais

Un grupo de alumnas e profesoras do IES de Ames asistirán este domingo á gala dos premios Goya e recibirán o luns un premio no Ministerio de Cultura

Venres, 07 de febreiro de 2014

[07-02-2014] Un grupo de alumnas e membros da comunidade educativa do IES de Ames asistirán este domingo en Madrid á gala dos premios Goya. Ademais, o luns recibirán no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte o premio de Historia da Cinematografía e de Alfabetización Audiovisual que lle foi concedido a tres alumnas do centro polo traballo titulado ¿De qué hablamos cuando hablamos de amor? La construcción histórica del amor, a propósito de la trilogía Matrix.

O xurado destes premios destacou que o obxectivo destes galardóns é premiar o uso do cine como instrumento pedagóxico ao empregar as películas como fontes en si mesmas do análise e estudo de conceptos filosóficos. As alumnas premiadas estarán acompañadas pola directora do centro, Marisol Louro, e polas profesoras Eva Garea e Margarita Olivar.

As autoras deste traballo foron Lidia del Río, Rosalía Seijas e Andrea Meléndez, coordinadas pola profesora de filosofía Eva Garea. O Premio da Historia da Cinematografía está destinado a promover o estudo e coñecemento da historia do cine en España nas diferentes etapas educativas. O IES de Ames foi premiado na modalidade de Bacharelato e as alumnas recibirán de mans dun representante do Ministerio o galardón, dotado con 3.000 euros.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Antiguas alumnas del IES de Bertamiráns irán a los Goya como premio a un trabajo"