[04-05-2013] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura organizou para este sábado 4 de maio unha ruta Rosaliana, que incluíu a visita á Casa da Tarroeira, situada na parroquia de Ortoño, onde viviu Rosalía de Castro durante a súa infancia. Tamén se visitou a igrexa de San Xoán de Ortoño, a igrexa de San Xulián de Bastavales, onde se puideron escoitar as famosas campás desta igrexa, e a Casa Museo de Rosalía de Castro, que se atopa en Padrón. Na igrexa de San Xulián de Bastavales, cinco persoas que participan no curso preparatorio para a obtención do Celga 1 leron varios poemas de Rosalía de Castro.




A continuación, visitouse a igrexa de San Xoán de Ortoño que conserva a capela maior de finais do século XVII, aínda que sufriu varias reformas na estrutura. A fachada desta igrexa dispón dun frontón triangular coa imaxe de San Xoán Bautista. Como coroamento posúe unha torre cuadrangular con catro arcadas e lanterna octogonal reconstruída en 1859, data na que se realizaron obras na cúpula do cruceiro do templo, segundo indica unha inscrición. No seu interior garda unha escultura barroca de madeira do Cristo na cruz situado nun dos brazos do cruceiro.
Lectura de varios poemas de Rosalía de Castro
Tras esta visita, os participantes foron en autobús ata a igrexa de San Xulián de Bastavales onde visitaron a devandita igrexa e escoitaron as famosas campás que inspiraron un dos máis famosos poemas de Rosalía de Castro. Ademais, neste lugar cinco persoas que participan no curso preparatorio para a obtención do Celga 1 leron varios poemas de Rosalía de Castro. Esta lectura tivo un marcado acento multicultural xa que estas persoas son nativas de países tan diversos como Ucraína, Venezuela, Colombia, Filipinas e Paraguai. Para finalizar a ruta Rosaliana, visitouse á Casa Museo de Rosalía de Castro que se atopa en Padrón.
Os veciños e veciñas amienses puideron coñecer máis polo miúdo a vida e obra de Rosalía de Castro a través da ruta Rosaliana que organizou o Concello de Ames este sábado, 4 de maio. Para iso, púxose á disposición da veciñanza amiense un autobús que saíu as 10:00 horas do Milladoiro e a continuación, ás 10:15 h, pasou polo praza do Concello, situada en Bertamiráns. Nesta actividade cultural participou un grupo de 50 veciños e veciñas amienses.
A ruta comezou pola Casa da Tarroeira, situada na parroquia de Ortoño, xa que constitúe un dos principais fitos da ruta Rosaliana. Rosalía de Castro viviu nesta casa ata 1842, cando, tras cumprir 4 anos foi vivir coa súa nai para Padrón. Este lugar cobrou unha especial significación cultural cando o 12 de outubro de 1923 un conxunto de mozos universitarios visitaron a Casa da Tarroeira, para fundar o Seminario de Estudos Galegos. Neste lugar hai colocada unha placa que acredita que alí se fundou o Seminario de Estudos Galegos. Neste lugar, algúns dos participantes leron varios poemas de Rosalía de Castro.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Un grupo de 50 persoas participou na ruta Rosaliana"




