[26-10-2015] A concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), realizou este sábado pasado, 24 de outubro, a segunda edición do curso de dinamización de eventos infantís, que estivo dirixido aos mozos/as que quedaron en lista de agarda no primeiro curso organizado no pasado mes de abril. Esta iniciativa, que tivo unha duración de 10 horas, impartiuse no centro de usos múltiples de Aldea Nova. A concelleira de Mocidade, Silvia Dapena, achegouse ata Aldea Nova para saudar as 20 persoas que participaron neste curso e coñecer o seu grao de satisfacción con esta acción formativa.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organizou o pasado sábado, 24 de outubro, un curso de dinamizador/a infantil, que se desenvolveu no centro de usos múltiples de Aldea Nova. Tratouse dun curso gratuíto de 10 horas de formación para poder desenvolver actividades de entretemento e dinamización infantil durante o tempo de lecer dos nenos/as. Esta actividade estivo dirixida aos mozos e mozas maiores de 16 anos.
O curso de dinamizador/a infantil foi impartido por unha escola de tempo libre. Realizouse unha sesión única de 10 horas de formación na que os participantes viron diversos contidos: animación e dinamización; globoflexia; maquillaxe infantil e globoflexia xigante para a decoración.
Tratouse dun curso gratuíto no que as persoas participantes adquiriron unha formación específica en técnicas de animación e dinamización infantil para o tempo de lecer dos nenos/as. O perfil dos participantes foi moi heteroxéneo. Para uns foi o primeiro contacto con esta temática e a outros serviulles para complementar a súa formación de monitor ou educador infantil.
A concelleira de Mocidade, Silvia Dapena, achegouse ata Aldea Nova para saudar as 20 persoas que participaron neste curso e coñecer o seu grao de satisfacción con esta acción formativa. A edil de Mocidade explicou que “un dos seus principais obxectivos é apostar pola formación dos mozos en materia de ocio e tempo libre, atendendo ás múltiples saídas laborais que ofrece este campo”.
As 20 persoas que participaron neste curso disporán dun certificado de asistencia que acredite o correcto aproveitamento desta iniciativa. Nas últimas horas do curso organizouse unha pequena "festa infantil" con nenos e nenas para que o alumnado puxese en práctica o aprendido ao longo do día.





