Pestanas principais

Un ano máis a Escola Municipal de Adultos de Ames ofrece a posibilidade de obter o título da ESO

Martes, 16 de setembro de 2014

[16-09-2014] Un curso mais, os veciños e veciñas de Ames que desexen obter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos, terán a oportunidade de facelo a través da Escola Municipal de Adultos. Os/as interesados/as poden pasar polo departamento de Educación, que está situado nas oficinas municipais que se atopan no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, onde poderán inscribirse e obter toda a información que desexen sobre este programa municipal a través do que se presta axuda para preparar os exames da ESO. Tamén poden chamar ao número de teléfono 981 891 476. As clases deste servizo, que está impulsado pola Concellaría de Educación, son impartidas por unha técnica municipal do departamento de Educación. Está previsto que o curso na Escola Municipal de Adultos comece a finais do mes de outubro. A matrícula está aberta todo o ano pero recomendase aos posibles interesados/as que comecen as clases a principio de curso.

O redor de 40 persoas preparan cada curso os exames para obter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, (ESO), a través da Escola Municipal de Adultos de Ames, servizo municipal que depende da Concellaría de Educación. O curso está dividido en dous cuadrimestres, e dentro destes hai catro módulos equivalentes aos catro cursos que conforman a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Cada un dos módulos inclúe Comunicación (galego, castelán, terceiro idioma), Sociais e Científico-tecnolóxico. Os alumnos/as que preparan os diferentes módulos e se presentan aos exames parciais. Os alumnos e alumnas teñen tamén a posibilidade de presentarse ao exame libre que a Consellaría de Educación convoca cada ano a finais de curso.

As clases impártense nunha aula do Centro de Servizos Múltiples do Concello en Aldea Nova ao longo da semana laboral, de luns a xoves en horario de 18:00 h a 21:00 horas. Á hora de organizar os cursos académicos, tense en conta o perfil de cada alumno/a e valóranse factores que van desde a idade á formación inicial, dispoñibilidade persoal de asistencia ou a procedencia da persoa. Existe, ademais, un servizo de titoría clave á hora de preparar as probas finais.

Para o concelleiro de Educación, Bernardo Moar “manter a Escola Municipal de Adultos nunha época de difícil acceso ao mercado laboral e tendo en conta as esixencias que para formar parte deste mercado existen na actualidade, e unha obriga e contribúe a mellorar as condicións de vida e de traballo dos cidadáns de Ames”.

Valórase o perfil de cada alumno/a

As clases da Escola Municipal de Adultos impártense nunha aula do Centro de Servizos Múltiples do Concello en Aldea Nova ao longo da semana laboral, de luns a xoves en horario de 18:00 h. a 21:00 horas. Á hora de organizar os cursos académicos, tense en conta o perfil de cada alumno/a e valóranse factores que van desde a idade á formación inicial, dispoñibilidade persoal de asistencia ou a procedencia da persoa. Existe, ademais, un servizo de titoría clave á hora de preparar as probas finais.

A matrícula está aberta todo o ano
A Escola municipal de adultos non esixe asistencia obrigatoria, e esta queda función das posibilidades de cada quen, xa que hai alumnado que compatibiliza un emprego coa formación. A matrícula permanece aberta ao longo do ano, polo tanto poden apuntarse aquelas persoas que só desexen realizar o exame final en xuño no IES San Clemente de Santiago de Compostela, malia que é recomendable a asistencia ás aulas desde o comezo do curso para ter maiores garantías de aprobar.

Todos os veciños e todas as veciñas de Ames maiores de 18 anos que desexen obter o Título de Graduado en Educación Secundaria, poden matricularse para este curso 2013-2014 no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, e nas Oficinas Municipais do Milladoiro, na rúa de Abaixo, número 10. Ante calquera dúbida poden chamar ao departamento de Educación a través do número de teléfono 981 891 476.