Pestanas principais

Últimos días para inscribirse no XIII Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Ames

Luns, 10 de decembro de 2018

[10-12-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Comercio e Promoción Económica, volve convocar, un ano máis, o Concurso de Escaparates de Nadal. As persoas que queiran participar deberán engalanar os seus escaparates con motivos relacionados co Nadal, prestando atención á orixinalidade para conseguir a atracción do público. Os escaparates deberán permanecer expostos entre o 14 de decembro de 2018 e o 7 de xaneiro de 2019. As solicitudes de inscrición poderán entregarse no rexistro municipal ata o vindeiro 12 de decembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de inscrición do XIII Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Ames.

Un ano máis, o Concello de Ames organiza, a través da Concellaría de Comercio e Promoción Económica, o Concurso de Escaparates de Nadal, cuxo prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 12 de decembro. As persoas titulares de comercios interesadas en participar deberán entregar o impreso de solicitude no rexistro da Casa do Concello, en Bertamiráns, ou nas Oficinas Municipais do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas. A inscrición nesta actividade é totalmente gratuíta