Pestanas principais

Últimas prazas dispoñibles para o obradoiro de cociña de Nadal “Galletas decoradas”

Mércores, 20 de decembro de 2017

[20-12-2017] O taller de cociña santiagués Hello Cooking organiza, en colaboración co Concello de Ames, un obradoiro de cociña, nomeadamente de galletas decoradas, para este venres, 22 de decembro. O obradoiro, que estará destinado a nenas e nenos entre os 4 e os 11 anos, desenvolverase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O prezo por participante será de 5 euros. Debido á boa acollida que tivo este obradoiro, abriuse un segundo grupo con 25 prazas máis. En total, ofértanse 50 prazas. A primeira sesión impartirase de 16:00h a 18:00 horas, mentres que o segundo grupo acudirá en horario de 18:30 a 20:30 horas. Para participar nesta actividade hai que inscribirse a través do enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal