Pestanas principais

Tres restaurantes de Ames lograron un dos premios Travellers’Choice

Luns, 16 de agosto de 2021

O Milongas, O Asador de Totó e Atípica Restaurante foron galardoados cun dos premios Travellers’Choice. Este premio onde o xurado son os propios comensais recoñece cada ano a excelencia dos establecementos de restauración.

Que como en Galicia non se come en ningún lado xa é ben sabido dentro e fora das nosas fronteiras pero por se quedaban dúbidas están os Premios Travellers’Choice que acaban de repartir 701 premios na nosa comunidade.

Concretamente tres deses recoñecementos foron parar ao Concello de Ames. O Milongas, O Asador de Totó e Atípica Restaurante foron galardoados cun dos premios Travellers’Choice. Este premio é outorgado polo xurado máis esixente, son os propios comensais os que cada ano aconsellan que restaurantes paga a pena visitar e cales non.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, quixo darlle a en hora boa aos tres establecementos premiados “felicitar aos tres establecementos que acadaron un dos premios Travellers’Choice pois isto demostra o excelente sector hostaleiro que temos no concello de Ames”.

Estes certificados de excelencia constatan que en Galicia temos as mellores materias primas, as mellores mans e que somos quen de combinar tradición e modernidade para sorprender aos clientes máis esixentes.

Novas relacionadas:

Compostela 24 Horas: "Tres restaurantes de Ames lograron un dos premios Travellers’Choice"

Milongas

Multimedia

  • Atípica
  • Asador de Totó