[15-03-2016] O pasado venres, 4 de marzo, celebrouse a gala de entrega dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2014-2015. Tres alumnos amesáns foron premiados neste acto: Beltrán Fernández, Xián Ardións e David Montoto.
O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, e polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez. Nel entregáronse vinte premios a alumnos e alumnas de centros de educación secundaria de toda Galicia, que acadaron o título da ESO o pasado curso. Dos 10 co mellor expediente académico de toda Galicia, 3 residen e estudaron a educación secundaria obrigatoria en Ames.
Os tres están ligados á música e estudan na actualidade o grao profesional no Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela, nos casos de Xián Ardións e David Montoto, e no de Noia no de Beltrán Fernández.

Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Premio extraordinario de ESO para tres estudiantes de Ames"
El Correo Gallego: "Entregan los premios a los mejores expedientes de la ESO eextraordinario"




