Pestanas principais

Tres atletas do MillaRaio participan nos campionatos nacionais sub16 e máster

Martes, 27 de xuño de 2023

A pasada fin de semana celebráronse dous campionatos nacionais nos que o club atletismo MillaRaio estivo representado por tres atletas, acadando todos eles, postos de finalistas. Roi López Sánchez e Nuno Castro Albán participaron no campionato nacional sub16, mentres que Puri Cariñena competiu no campionato nacional máster.

O municipio de La Nucia, situado en Alicante, acolleu a pasada fin de semana o campionato nacional sub 16. En representación do club amesán participaron Roi López Sánchez e Nuno Castro Albán. Roi participou na carreira de 600 metros e Nuno na final de xavelina. Ambos atletas lograron un quinto posto na clasificación final.

Nuno lanzou 47.28 metros no seu cuarto lanzamento acadando a quinta praza da final. Pola súa banda, Roi meteuse por tempos na final e logrou o quinto posto despois de lanzar a carreira e rematar cun tempo de 1:29:37. Os dous atletas estiveron acompañados por Pepe Domínguez Caballero como adestrador.

Ademais, no campionato nacional máster, que se celebrou en Jerez, estivo Puri Cariñena representando ao MillaRaio. Puri participou nas carreiras de 400 metros e 100 metros logrando quedar en sexta posición nos 400 metros e mellorando a súa marca persoal a pesar de estar lesionada.

Roi López Sánchez

Multimedia

  • Nuno Castro Albán
  • Puri Cariñena
  • Roi e Nuno con Pepe Domínguez