Pestanas principais

Tres atletas do club Milla Raio participaron en Campionatos Nacionais

Venres, 08 de marzo de 2024

Os atletas Nadir Moreira, Puri Cariñena e David López, do club amesán Milla Raio, participaron no Campionato de España de marcha por federacións autonómicas e no Campionato de España Máster short track. Todos eles conseguiron excelentes resultados.

O pasado domingo, 25 de febreiro, o atleta sub18 Nadir Moreira competiu coa selección galega sub18-sub20 no  Campionato de España de marcha por federacións autonómicas. Nesta competición conseguiu mellorar a súa marca nos 10 km marcha e dous minutos e medio, e contribuíu a que a selección galega acadase a quinta praza.

Por outra banda, a pasada fin de semana, Puri Cariñena e David López participaron no  Campionato de España Máster short track, celebrado en San Sebastián. David competiu nas probas combinadas (pentatlon) e en salto de altura, nas que acadou a cuarta posición, ademais de en 60 metros valos, proba na que obtivo o sexto posto. Pola súa banda, Puri competiu en 60 metros e en 400 metros, proba na que obtivo o oitavo posto, ademais de conseguir mellorar a súa marca en ambas probas.

Tres atletas do club Milla Raio participaron en Campionatos Nacionais

Multimedia

  • Tres atletas do club Milla Raio participaron en Campionatos Nacionais
  • Tres atletas do club Milla Raio participaron en Campionatos Nacionais